FIN DE ANO

Remata o 2017, recén cúmprido o 1º cabo de ano do pasamento do noso compañeiro Tabe e quedamos xusto a un ano vista do  30 aniversario alá para decembro do 2018”

 

Despois de mais de dous anos de concertos trala saída do seu último traballo “Camiñando entre serpes” (2015),  despois de recibir, por sorpresa, a homenaxe de 18 bandas galegas que versionearon temas seus alá polo 2013, e  de gañar certames de pertixio coma o Correlingua do 2016,….atópanse en pleno traballo de composición e grabación do que será o seu vindeiro traballo discográfico, que aínda que non ten data de saída, agardan que sexa neste 2018.

Como novidade xa se pode adiantar que este traballo vai a estar íntegramente producido polos membros da banda, nas distintas facetas que conleva sacar un disco: composición, grabación, mezcla, deseño, maquetación, etc

Vai ser unha grabación chea de novidades:  a primeira que faga Laura Romero ao baixo (Tabes empre na nosa memoria) ,  a primeira que se grabará no local de ensaio,  acondicionado para a ocasión,  a primeira despois de moitos anos grabando con Javier Abreu (sempre agradecidos).  A banda sentía a necesidade dún cambio…, de novos retos e ilusións,  agardando que o resultado sexa do gusto da multitude de fans que ten Zënzar,  traballo e empeño non van a faltar, cantidade de cancións novas tampouco…

 

Mentras esto vai chegando, non descuidan o directo, cún repertorio cheo de clásicos, extenso, ben executado,  cún bo son á latura da traxectoria da banda e  da man do seu técnico do directo Roi Gil, un Zënzar mais …Un directo potente, sen descanso, coa potencia da música convinada coa forza das letras, outra característica destacada de sempre na banda.