CONCERTO SALA A RESERVA

CONCERTO NA SALA A RESERVA en CARBALLO o VENRES   7 de decembro, actuarán ZËNZAR + Dr Garimba
Hora: 22.30 (puntual)
Prezo entrada  6 euros / entrada + cd (ou camisola) 10 euros
Anticipada 4 euros / entrada + cd (ou dvd, camisola) 8 euros

Non vos perdades o concerto de peche da xira de presentación do novo disco “Vaise Armar”

Despois de pasar por moitos salas e festivais tan significados como o Derrame rock, Festigal, Brincadeira…

Zenzar despedirá o ano na Sala A Reserva de Carballo.

Estarán acompañados polo grupo de un amigo-músico que leva moitos anos inmerso no rock, trátase de Dr Garimba, banda que acaba de mudar de nome e que procede dos míticos Ausentes de betanzos. O concerto comezará puntual debido a presenza de banda convidada.

Quén queira facer uso de esta reserva anticipada pode escribir a :   vendas@zenzar.info
Deixando nome e dni. A entrada seralle entregada na taquilla da sala a o prezo rebaixado.

Venda anticipada de entradas para a SALA MARDI GRAS

Para o concerto na Sala Mardi Grass da Coruña, xa podedes reservar anticipadamente as entradas escribindo ao noso correo: vendas@zenzar.info indicando nome, dni e teléfono de contacto.
Se reservades as entradas polo noso correo electrónico, poderedes gozar da promoción 4×3, reservades 4 entradas e unha é de balde, e dicir, so pagaredes 3.

 

Non deixedes escapar esta oportunidade para disfrutar do noso último traballo Vaise Armar e otros grandes éxitos.

VAISE ARMAR

Vaise ArmarEn Maio sae a luz o novo disco:

VAISE ARMAR

Non vos perdades o concerto de presentación que se fará o próximo 5 de maio na Sala Josfer en Mesón do Bento – Ordes. As entradas xa están a venda… apurade a compralas hai 150 entradas en venda anticipada e o resto en taquilla… (+info)

Mentras tanto e como anticipo disfrutade das seguintes cancions:

 

  • “Vaise armar”

 

  • “O reverendo”

E tamén do video promocional

Vaise Armar… entradas xa a venda

Xa están á venda as entradas para a presentación do novo disco

Puntos de venda: Cerceda (A Taberna, Mestura), Carral (Lume E Ferro), Ordes (Nuada), Carballo (A Reserva) e Laracha (Pub D’Antón) e en www.atrapalo.com.

Apurade a comprar as entradas, hai 150 en venta anticipada o resto das entradas son en taquilla.

Mentras tanto disfrutade dun adianto do novo disco “Vaise Armar” que leva por título “O Galego”

Cantalingua 2012

Zënzar presentase ao concurso Cantalingua 2012 con un tema contido no seu novo disco “Vaise Armar” nél colabora Mou de DKTC con rapeo e coros.

Zënzar resultou gañador deste concurso na edición 2011 e compartiu a súa música cos máis novos dos colexios de Galicia en cinco concertos, xunto con outros actos.

Aproveitando este concurso podedes escoitar un adianto do novo disco, a canción titulase “O Galego”.