Concerto na praza do Toural en Santiago de Compostela

Como dicíamos en comentarios anteriores o 2003 e o 2004 foron anos de transición, e así se confirmou a finais do 2004 co abandono do grupo por parte de M. Silveira (guitarra), víase vir que algo tiña que pasar, o grupo non arranca a facer temas novos coa decisión que este taballo precisa, e rompeu por onde menos se espera (para algúns polo menos), sabemos que moitos grupos de éxito fóronse ó traste polas liortas internas por culpa dos “egos” dos seus membros, no noso caso creo que foi o contrario, se houbo ese abandono foi precisamente por non querer ninguén impoñer as súas ideas ós demáis optando pola retirada. Unha vez sucedido isto, e como dí o refrán, parece que non hai mal que por ben non veña, o grupo entra nunca nova etapa coa guitarra de Mario Grela como máximo expoñente á hora de compoñer, e polo tanto con total libertad para dar renda solta ás súas ideas. E así é que dende primeiros do 2005 parece que a cousa empeza a fluir novamente e a xurdir os novos temas. Así chéganos a oportunidade de tocar en Santiago para os C.A.F. no Toural, con Faite un Flai e Túzaros. Vímolo como unha boa oportunidade de probar a nova formación en directo, e así foi. O mellor do concerto foi que a praza estivo case chea toda a noite, equipo de són mui cumplidor , con algún problemilla de ruído cos veciños (secadra se tocarán algún triunfito non habían protestar). E en canto a nosa actuación resultou unha experiencia inmellorable, pois tíñamos as nosas dúbidas de cómo soaríamos en cuarteto e á reación da xente. Pois todo positivo, bo són e inmellorable reacción (había gañas de festa) tanto ós clásicos da banda coma ós tres temas novos presentados máis algunha nova versión. Todos esperamos que isto nos de pulos para seguir compoñendo e gravar canto antes un novo disco que é o noso máximo obxetivo agora mesmo.