Destacado Comenzamos o 2018 con forza

Imagen portada 2018

Compoñentes de Zënzar

Despois dún pequeno paron en canto a concertos escomenzamos o 2018 con ración doble

Para ver que como se atopaba a maquinaria rockeira. E a cousa foi moito mellor do previsto:

Así o venres 19 de xaneiro tocamos por primeira vez na sala super 8 de Ferrol convidados polos

Nosos amigos do grupo Apologia. A noite foi moi ben en canto a público con mais de media sala chea

Con un bo son e unha boa técnico a os mandos. O concerto saiu ben e tocamos coa forza habitual como si non leváramos

4 meses sen pisar un esceario…ao día seguinte sábado desprazámonos ao local social de Tabeaio-Carral para participar

No denominado concerto expansivo por un monte vivo que trata de axudar dando visibilidade a este problema e

Aportando algo de cartos ás asociación que se moven pola coservación dos nosos montes. Sorprendeunos gratamente o local polo ben

Acondicionado que está e son mais que decente, tamén gracias á aportación de Pulleiro ao mandos. Foi un concerto curto pero

Moi intenso e coa xente respondendo moi ben. Moi bo ambiente, tanto pola cantidade de xente como pola “calidade”, vendo

A moit@s que xa facía que non ollábamos.

Agora toca continuar compoñendo e grabando  novos temas, dos cales agardamos poder amosar algún adianto antes do verán e se non é antes

Verémonos o 7 de abril no FORUM CELTICUM de O Burgo acompañados de Cuarta Xusta que presentará o seu 1º traballo discográfico.

Ou senón á semán seguinte no Con Do Moucho De Arousa o sábado 14 de abril, acompañados de MJ e mais datas que iremos subindo