VI FESTIVAL DE CERCEDA

Esta é unha das varias edicións do festival que se desenrolou en dous dias, o primeiro o venres adicábase ó rock, así actuaron Kalean, grupo do país vasco xa veterano, que de

mostraton o seu bo facer, sempre con ese estilo punk-rokeiro

Cartel 6º festival de Cerceda

Cartel 6º festival de Cerceda

que practican tantos grupos desas terras. Tamén estiveron Motores de Vigo, con tendencias máis metaleiras, que co andar do tempo acadaron bastante prestixio do mundo destes ritmos un pouco máis cañeiros, sacando varios discos e xirando por todo o estado español. Tamén actuamos T

úzaros , ZENZAR e NASSER, os dous primeiros xa os coñecemos, e NASSER foi un grupo de Cerceda agora xa desaparecido onde se iniciou o actual guitarrista de ZENZAR Mario Grela. Este grupo aínda que existiu durante varios anos faltoulles un pouco de constancia para acadar cotas máis altas co seu rock, unha mezcla entre o rock clásico con ramalazos de rock duro.

O festival par

ecía consolidarse e medrar coa celebración de dous días de actividades, pois ó rock do primeiro

día seguíano o sábado actuacións de folk, churrascada, xogos para nenos, teatro ó aire libre, etc.

Máis adiante pola falta de apoios institutcionais, tamén por que non decilo, un pouco pola desidia ou o desánimo dos organizadores , volvería a quedarse nun día , e gracias ….

Festival de Malpica

Cartel que pertence ó primeiro festival rock de Malpica. Hoxe en día xa con un nivel moi alto, polo menos en canto a presuposto, aínda que o segue organizando a mesma xente.

Desenrolouse no recinto do peirao, con poucos medios, pero un ambientazo. Xa se sabe que xente máis festexeira que a mariñeira non hai.

A anécdota está no cartel de grupos, pois ZENZAR compartiuno co grupo que lle obrigou a trocar de nome. Era MORDOR e viñan de Santander dando caña por un tubo. Pouco máis tarde desaparecerían, pero o mal xa estaba feito, cousas da vida..

1º FESTIVAL ROCK DE CERCEDA

Esta primeira edición do Festival de Cerceda realmente non se celebrou en Cerceda

Cartel 1º festival de Cerceda

Cartel 1º festival de Cerceda

mismo, senón na parroquia de Meirama, pertencente o dito concello. Gracias ó apoio da comisión de festas, que non se volvería a repertir, propiciado por la presencia nela de xente achegada a algún dos grupos participantes.

Pensemos o que supuxo nunha parroquía adicar o primeiro día da festa a un festival de Rock, cando nunca tal se fixera. As reaccións foron de todo tipo, pero predominaron as críticas da xente maior acostumada ás típicas orquestas, de feito nunca máis se repetiu esceario e data.

En canto ó cartel, estivo formado por: XUDEF KLAS, grupo de heavi-rock de A Coruña. RITMAMUCHOS, grupo de pop-rock, tamén de A Coruña. MORDOR, hoxe ZENZAR. DESERTORES DO ARADO, grupo de rock de Cerceda e OS VERGALLUDOS, unha das primeiras formacións nas que participou o hoxe batería de Jarbanzo Negro.

En resumen así foi como empezou o festival, chegando ata os nosos días, con altibaixos, pero sen faltar a súa cita anual.