Concerto na praza do Toural en Santiago de Compostela

Como dicíamos en comentarios anteriores o 2003 e o 2004 foron anos de transición, e así se confirmou a finais do 2004 co abandono do grupo por parte de M. Silveira (guitarra), víase vir que algo tiña que pasar, o grupo non arranca a facer temas novos coa decisión que este taballo precisa, e rompeu por onde menos se espera (para algúns polo menos), sabemos que moitos grupos de éxito fóronse ó traste polas liortas internas por culpa dos “egos” dos seus membros, no noso caso creo que foi o contrario, se houbo ese abandono foi precisamente por non querer ninguén impoñer as súas ideas ós demáis optando pola retirada. Unha vez sucedido isto, e como dí o refrán, parece que non hai mal que por ben non veña, o grupo entra nunca nova etapa coa guitarra de Mario Grela como máximo expoñente á hora de compoñer, e polo tanto con total libertad para dar renda solta ás súas ideas. E así é que dende primeiros do 2005 parece que a cousa empeza a fluir novamente e a xurdir os novos temas. Así chéganos a oportunidade de tocar en Santiago para os C.A.F. no Toural, con Faite un Flai e Túzaros. Vímolo como unha boa oportunidade de probar a nova formación en directo, e así foi. O mellor do concerto foi que a praza estivo case chea toda a noite, equipo de són mui cumplidor , con algún problemilla de ruído cos veciños (secadra se tocarán algún triunfito non habían protestar). E en canto a nosa actuación resultou unha experiencia inmellorable, pois tíñamos as nosas dúbidas de cómo soaríamos en cuarteto e á reación da xente. Pois todo positivo, bo són e inmellorable reacción (había gañas de festa) tanto ós clásicos da banda coma ós tres temas novos presentados máis algunha nova versión. Todos esperamos que isto nos de pulos para seguir compoñendo e gravar canto antes un novo disco que é o noso máximo obxetivo agora mesmo.

Festival solidario coas víctimas do Prestige

Este concerto foi un festival solidario coas víctimas do Prestige, no que o grupo participou desinteresadamente, ó igual que xa participara en decembro 2002 en dous concertos, un na Roda en Malpica (tremenda festa con xente de todas partes que participaban na limpeza das praias) e outro no Disco-Pub Non Sei , na Silva-Cerceda, concertos nos que tamén se presentaron os discos “Rockanrol” e o pouco promocionado recopilatorio “Mixtura”. En canto a este Festival, boa organización, pois pechouse por primeira vez o campo da feira para recadar a entrada solidaria, con carpa no medio do recinto, bo escenario e equipo de són, e como nón moi boa asistencia de público para ver a Zenzar, Kastomá, Pusi Kalandrakas, 5 talegos e Ruxe-Ruxe.

Concerto pola patria galega.

Cartel do Festival Sons de Galiza

Cartel do Festival Sons de Galiza

Este foi o primeiro dos dous concertos pola patria no que participou ZENZAR no 2001. Bastante xente e bo ambiente no Campo da Leña, aínda que a xente mostrase un pouco máis cohibida que noutras ocasións e noutros sitios. A pesar diso foi un bo concerto, destacando tamén a parte técnica a cargo de Sonogal de Cerceda. Este 2001 foi o ano no que ZENZAR se consolida como unha banda, que si se dan as condicións, é capaz de ofrecer un directo de calidade que engancha a todo aquel que goste do rock potente.

FESTIVAL CORUÑA MOITO HEAVY

Este foi o primeiro e último festival Heavy celebrado na Coruña, na esplanada do castelo de San Antón xuntámonos cinco grupos, entre os cales estaba MORDOR (aínda non trocáramos o nome), que por aquela época parece que apuntaba máis cara eses ritmos que ós que seguiu posteriormente.

Cartel do Festival Moito Heavy

Cartel do Festival Moito Heavy

Así tocaron: MORDOR, Corelay, Sok, Maquiavelo e Xudef Klas.

Non houbo todo o público esperado debido ó mal tempo que fixo ata chegar a noite en que se mantivo sen chover, pero foi unha boa experiencia, pois para MORDOR era a primeira vez que tocaba na “cidade”.

Como curiosidade dicir que un dos membros de Maquiavelo hoxe en día podémolo ver tocando a guitarra en Luar Na Lubre, quén o diría , pero como o que manda é o estómago, a única forma de mantelo calado hoxe en día e embarcándose en movidas deste tipo, pois o Rock o Heavy o Punk, ou como queiramos chamarlle non da nin para a “jasolina”.

Concerto no PABILLON DE BERGANTIÑOS – CARBALLO

Cartel concerto de Rock en Bergantiños

Cartel concerto de Rock en Bergantiños

Festival a beneficio de Aspaber, entidade relacionada coa crus bermella que organizou durante algún tempo un festival anual onde nos reuníamos as bandas da zona. Tivo bastante boa acollida polo público chegando a xuntar unhas quinientas persoas, na edición que nos ocupan actuaron.: ZENZAR, Malavida, Plebeyos, The Mentes, Kraken, La Crema e Mr. Graham.