Concerto na Sala Leston

Cartel do concerto na Sala Leston

Cartel do concerto na Sala Leston

Neste concerto ZENZAR teloneou a EXTREMODURO, cando xa empezaban a encher recintos e a sua fama extendíase por todo o estado español. Foi un concerto cheo de incidencias, pero coa sala a tope, podemos dicir que unhas perto de tres mil persoas, entregadas de principio a fin, primeiro con ZENZAR, que debido á tardanza en aparecer de Robe, que non chegou ata pasada a 1 da madrugada procedente de Cadiz onde tocaran o día anterior, tivo que tirar do seu repertorio exprimindoo ó máximo para facer tempo, pero con moito gusto , pois poucas veces se viu un público tan entusiasmado nun concerto.

Entre tanta euforia, a festa posterior ó concerto tamén foi sonada …..

Como dato final para curiosos apuntar que a foto da portada do disco “Rockanrol” de ZENZAR esta feita nese concerto, en plena actuación.