Venda anticipada de entradas para a SALA MARDI GRAS

Para o concerto na Sala Mardi Grass da Coruña, xa podedes reservar anticipadamente as entradas escribindo ao noso correo: vendas@zenzar.info indicando nome, dni e teléfono de contacto.
Se reservades as entradas polo noso correo electrónico, poderedes gozar da promoción 4×3, reservades 4 entradas e unha é de balde, e dicir, so pagaredes 3.

 

Non deixedes escapar esta oportunidade para disfrutar do noso último traballo Vaise Armar e otros grandes éxitos.

Cantalingua 2012

Zënzar presentase ao concurso Cantalingua 2012 con un tema contido no seu novo disco “Vaise Armar” nél colabora Mou de DKTC con rapeo e coros.

Zënzar resultou gañador deste concurso na edición 2011 e compartiu a súa música cos máis novos dos colexios de Galicia en cinco concertos, xunto con outros actos.

Aproveitando este concurso podedes escoitar un adianto do novo disco, a canción titulase “O Galego”.

Concerto en directo de Zënzar + convidados para a presentación de “Zënzar ao Vivo – Cerceda 09”.

Zenzar ao vivo

Zenzar ao vivo

Título: Concerto en directo de Zënzar + convidados para a presentación de “Zënzar ao Vivo – Cerceda 09”.
Lugar: Badulake (Ordes – A Coruña)
Descrición: Xa presentado en sociedade o DVD “Zënzar ao vivo, Cerceda 09” mediante unha rolda de prensa e un concerto acústico, esta venres será o momento de acompañarse de ilustres convidados, como M. Silveira (fundador de Zënzar), e mostrar todo o potencial rock no escenario. Será no Badulake, de Ordes, a partir das 22.30 horas. Os asistentes poderán mercar o DVD a un prezo especial.

Sigue leyendo