Concerto en directo de Zënzar + convidados para a presentación de “Zënzar ao Vivo – Cerceda 09”.

Zenzar ao vivo

Zenzar ao vivo

Título: Concerto en directo de Zënzar + convidados para a presentación de “Zënzar ao Vivo – Cerceda 09”.
Lugar: Badulake (Ordes – A Coruña)
Descrición: Xa presentado en sociedade o DVD “Zënzar ao vivo, Cerceda 09” mediante unha rolda de prensa e un concerto acústico, esta venres será o momento de acompañarse de ilustres convidados, como M. Silveira (fundador de Zënzar), e mostrar todo o potencial rock no escenario. Será no Badulake, de Ordes, a partir das 22.30 horas. Os asistentes poderán mercar o DVD a un prezo especial.

Sigue leyendo

Concerto no Local da Fundación Artabria.

Facer a crónica dun concerto é facer a crónica de toda a xira de Zenzar no 2006, é dicir, un grupo cun repertorio extenso froito de tantos anos de actividade, cheo na súa maioría de temas propios, todo elo aderezado cun par de versións (O Tren de Andrés do Barro e a ranchera Volver) que fan que a intensidade do concerto vaia medrando e provoque que a xente non lle quede outro remedio que acabar o concerto brincando e satisfeito polo visto e escoitado. Y é que Zenzar alá onde foi non defraudou , a proba é este concerto , nunha vila que nunca pisara ata daquela e con outro concerto dún grupo local a menos de douscentos metros, foron quén de congregar a un bo número de rockeiros, deixandoos a todos contentos.

Discoteca Medieval de Cerceda

Este concerto destaca polo sitio, unha discoteca saída da reforma dunha vella casa de aldea, alí en Cerceda. Bastante ben ambientada, coa pedra presente en toda a decoración (de ahí, o mellor, o nome), pero que por unha ou outra razón nunca funcionou ben.

VI FESTIVAL DE CERCEDA

Esta é unha das varias edicións do festival que se desenrolou en dous dias, o primeiro o venres adicábase ó rock, así actuaron Kalean, grupo do país vasco xa veterano, que de

mostraton o seu bo facer, sempre con ese estilo punk-rokeiro

Cartel 6º festival de Cerceda

Cartel 6º festival de Cerceda

que practican tantos grupos desas terras. Tamén estiveron Motores de Vigo, con tendencias máis metaleiras, que co andar do tempo acadaron bastante prestixio do mundo destes ritmos un pouco máis cañeiros, sacando varios discos e xirando por todo o estado español. Tamén actuamos T

úzaros , ZENZAR e NASSER, os dous primeiros xa os coñecemos, e NASSER foi un grupo de Cerceda agora xa desaparecido onde se iniciou o actual guitarrista de ZENZAR Mario Grela. Este grupo aínda que existiu durante varios anos faltoulles un pouco de constancia para acadar cotas máis altas co seu rock, unha mezcla entre o rock clásico con ramalazos de rock duro.

O festival par

ecía consolidarse e medrar coa celebración de dous días de actividades, pois ó rock do primeiro

día seguíano o sábado actuacións de folk, churrascada, xogos para nenos, teatro ó aire libre, etc.

Máis adiante pola falta de apoios institutcionais, tamén por que non decilo, un pouco pola desidia ou o desánimo dos organizadores , volvería a quedarse nun día , e gracias ….

1º FESTIVAL ROCK DE CERCEDA

Esta primeira edición do Festival de Cerceda realmente non se celebrou en Cerceda

Cartel 1º festival de Cerceda

Cartel 1º festival de Cerceda

mismo, senón na parroquia de Meirama, pertencente o dito concello. Gracias ó apoio da comisión de festas, que non se volvería a repertir, propiciado por la presencia nela de xente achegada a algún dos grupos participantes.

Pensemos o que supuxo nunha parroquía adicar o primeiro día da festa a un festival de Rock, cando nunca tal se fixera. As reaccións foron de todo tipo, pero predominaron as críticas da xente maior acostumada ás típicas orquestas, de feito nunca máis se repetiu esceario e data.

En canto ó cartel, estivo formado por: XUDEF KLAS, grupo de heavi-rock de A Coruña. RITMAMUCHOS, grupo de pop-rock, tamén de A Coruña. MORDOR, hoxe ZENZAR. DESERTORES DO ARADO, grupo de rock de Cerceda e OS VERGALLUDOS, unha das primeiras formacións nas que participou o hoxe batería de Jarbanzo Negro.

En resumen así foi como empezou o festival, chegando ata os nosos días, con altibaixos, pero sen faltar a súa cita anual.

Concerto no pub Picolinos de Cerceda

Este cartel pertence a un dos clásicos primeiros concertos de ZENZAR, aínda co nome de MORDOR, no famoso, nesa época, Pub Picolinos de Cerceda.

Cartel do concerto en Picolinos

Cartel do concerto en Picolinos

Moita diversión, moita cervexa, moitas gañas, tanto por parte da xente, ávida de concertos, como polo grupo ilusionado coa boa acollida neses primeiros concertos. E foron un bo lote, cinco, seis, … nun espacio de tempo mui curto.

Neste momento pódese dicir que renaceu o sentimento rockeiro en Cerceda, esquecido dende os tempos de ATOMO, aqueles rapaces que se subían ó palco da orquesta no descanso das verbenas, sen saber moi ben o que tiñan entre máns. Ou de COBRA, famosos pola calidade das sua versións de clásicos do rock.

Despois virían MORDOR, DESERTORES DO ARADO, NASSER, SHANGRILA, SENSACHA, OSIRIS, e prometen aparecer máis.