Actuación no Badulake de Ordes no 2004

Terceira vez que Zenzar actuou no Badulake, pois como sabedes pechou a finais do 2004. Tanto o ano 2003 como o 2004 pódese decir que foron anos de transición para o grupo, despois de estirar o repertorio existente dende a saída do Todo Vai Ben, do que se cumprian tres anos, impónse a necesidade de crear novos temas para a supervivencia do grupo, en canto ó directo se refire, pero como estes non chegaban e para levantar un pouco a moral lévase a cabo este concerto, cos efectos desexados, pois a xente xa tiña ganas de vernos, aínda que presentamos poucas novidades de repertorio, so o rescate dalgunha canción e algunha nova versión.

Actuación no Badulake de Ordes

badulakeComo no podía ser menos, ZENZAR actuou no local aberto polo seu novo guitarrista dende á saída do seu primeiro CD. “Disparados ó Futuro” (Mario Grela). Garcias a que xogábamos na casa houbo moi bo ambiente e por momentos retumbaban as paredes do Badulake coa distorsión das guitarras. Logo ZENZAR volvería en maio do 2001 para presentar o segundo disco “Todo Vai Ben”.