Venda anticipada de entradas para a SALA MARDI GRAS

Para o concerto na Sala Mardi Grass da Coruña, xa podedes reservar anticipadamente as entradas escribindo ao noso correo: vendas@zenzar.info indicando nome, dni e teléfono de contacto.
Se reservades as entradas polo noso correo electrónico, poderedes gozar da promoción 4×3, reservades 4 entradas e unha é de balde, e dicir, so pagaredes 3.

 

Non deixedes escapar esta oportunidade para disfrutar do noso último traballo Vaise Armar e otros grandes éxitos.

Concerto pola patria galega.

Cartel do Festival Sons de Galiza

Cartel do Festival Sons de Galiza

Este foi o primeiro dos dous concertos pola patria no que participou ZENZAR no 2001. Bastante xente e bo ambiente no Campo da Leña, aínda que a xente mostrase un pouco máis cohibida que noutras ocasións e noutros sitios. A pesar diso foi un bo concerto, destacando tamén a parte técnica a cargo de Sonogal de Cerceda. Este 2001 foi o ano no que ZENZAR se consolida como unha banda, que si se dan as condicións, é capaz de ofrecer un directo de calidade que engancha a todo aquel que goste do rock potente.

FESTIVAL CORUÑA MOITO HEAVY

Este foi o primeiro e último festival Heavy celebrado na Coruña, na esplanada do castelo de San Antón xuntámonos cinco grupos, entre os cales estaba MORDOR (aínda non trocáramos o nome), que por aquela época parece que apuntaba máis cara eses ritmos que ós que seguiu posteriormente.

Cartel do Festival Moito Heavy

Cartel do Festival Moito Heavy

Así tocaron: MORDOR, Corelay, Sok, Maquiavelo e Xudef Klas.

Non houbo todo o público esperado debido ó mal tempo que fixo ata chegar a noite en que se mantivo sen chover, pero foi unha boa experiencia, pois para MORDOR era a primeira vez que tocaba na “cidade”.

Como curiosidade dicir que un dos membros de Maquiavelo hoxe en día podémolo ver tocando a guitarra en Luar Na Lubre, quén o diría , pero como o que manda é o estómago, a única forma de mantelo calado hoxe en día e embarcándose en movidas deste tipo, pois o Rock o Heavy o Punk, ou como queiramos chamarlle non da nin para a “jasolina”.