SALA SIROCO Madrid

Despois dun ano boísimo como foi o 2001, e unha vez rematada a gravación do ata agora último traballo da banda “Rockanrol” en abril 2002 , o grupo decidiuse a facer unha das poucas saídas fora das nosas fronteiras. Organizado polo grupo local Salida Nula, celebrouse o mencionado concerto coa participación tamén dos grupos Hiruko, Salida Nula e os tamén galegos Kambotes. O concerto prometía e había ganas de actuar por primeira vez en Madrid, así que alugouse un minibús e alá fumos uns vinte, incluido o grupo (menuda paliza o viaxe ). A sala non é moi grande e o esceario un pouco curto, pero teñen equipo de voces que tamén é importante. Cobrábase a entrada e non noubo tanta xente como se esperaba, pero para a primeira vez todos dábamos a experiencia por boa senón forma por un pequeño detalle. Resulta que, nun xesto de agradecer pola súa parte, os dous grupos locales cederon a súa parte da recadación para os gastos de desplazamento dos grupos de fora, entregándolle a mesma os Kambotes coa condición de que nos fixeran chegar a nosa parte, pola cal aínda seguimos esperando hoxe en día. Por certo, non sei que sería deste grupo….? -

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>