Zënzar son…

Zenzar

Manolo Garcia

 

 

  • Manolo García, batería. Membro fundador de Zenzar, batería e letrista. Tamén colaborou con grupos coma Kastomá , Chícharo Psicótico ou a Banda Meljacha.

 

 

 

  • Xosé A. Bocixa . voz. Membro fundador de Zenzar, Bocixaunha das voces da Banda Meljacha e colaborador en moitos discos de grupos Galegos. Membro activo do asociacionismo galego dende fai moitos anos e de movememtos como Burla Negra, Amelga, etc. Traballou en radio mais de 15 anos ata que o deixou por non ser sumiso aos dictados do político de turno. Actor de Dobraxe, productor de eventos, guionista e realizador de documentais coma “ As Encrobas. A Ceo Aberto”.

Paco

 

 

  • Paco Cerdeira. Guitarra e voces. Membro tamén de Mama Cabra. Estivo tamén en grupos coma  A Banda Meljacha ou Lady Croff. Técnico de són e productor, incorporouse ao grupo no 2006.

 

 

 

Mario

 

 

  • Mario Grela. Guitarra e voces. Guitarrista e compositor , que se incorporou a Zenzar no 1997 logo de disolverse Nasser, o seu primeiro grupo.

 

 

 

 

Laura Romero

Laura Romero Rock In Ria

 

  • Laura Romero. Baixista. Decide cambiar a guitarra clásica polo baixo eléctrico fai 10 anos, pero non é ata o 2013, durante o derradeiro curso de Belas Artes en Salamanca, que comeza tocando por primeira vez nunha banda, no grupo de funky-pop The Coy Kois. Formado por catro mozas (guitarra, voz, baixo e teclados) e un mozo á batería, a banda graba o seu primeiro EP, Superblock. Pásase ó rock ó rematar a carreira e voltar a Ordes, onde se une á banda Velvet Rain. Actualmente compaxina a música (en Zënzar) coa pintura artística tanto persoal como por encargo.