Biografia

Mördor

Mördor

“Da terra das sombras e da escuridade…” Así foi como empezou todo aló polo principio do outono , na Meirama do 1987. Ben é certo que os “artistas” agora coñecidos como ZENZAR, non tiñan o mesmo nome como grupo. MÖRDOR foi o primeiro nome elexido.

 

Como curiosidade a primeira canción que todos se puxeron de acordo en tocar foi unha versión do “Jumpin Jack Flash” que cantaba Tabe (J. Antonio) en castelán. As primeiras composicións propias foron “Fuera de Lugar”, “Cosa Blanca”, todo un clásico, daquela aínda en evolución, e hoxe en día regrabado no disco “Rockanroll” 2002.

No nadal do1988 Mördor debuta no pub NON SEI de A Silva-Cerceda en formación de sexteto,  ca cal chegarían ata xuño do 1991, momento no que pasan a cuarteto, ao abandoar o grupo Manuel Jesús (teclados) e Luis (guitarra), por distintos motivos. Isto pasou  despois de tocar en sitios como o Picolinos (Cerceda), Discoteca  Plató (Calle de Cristal-Laracha),  no 1º Festival Rock de Meirama, semente para o Festival de Cerceda. De todo o máis destacado foi unha grabación que se fixo dunha actuación en Meirama en marzo do 1990, non tanto pola calidade da mesma, xa que foi feita nun casete portátil, senón  como documento histórico, posto que é a única en forma de sexteto, e porque nela se poden escoitar as primeiras cancións do grupo, tanto as propias coma as versións  para completar repertorio (Tiempos Nuevos de Ilegales,  La chica de ayer de Nacha Pop, Lucille, flor de luna de Santana, etc.), nada que ver co camiño tomado máis tarde polo grupo, pero así son os principios…
No verán do 1993 prodúcese o troco de nome, por motivos legais, pasando a chamarse, xa para sempre, ZENZAR. Esto ocorre pouco despois de grabar a finais do1992, ainda como Mördor, a sua 1ª maketa baixo o título de “Contos e Lendas de Terra Adentro“,

CONTOS E LENDAS DE TERRA ADENTRO. 1992. Maketa.

CONTOS E LENDAS DE TERRA ADENTRO. 1992. Maketa.

incluindo cinco temas, xa verdadeiros clásicos  no seu repertorio. Tamén dou que falar a portada onde a policia local de Cerceda persegue a uns ladróns no seu famoso Mercedes.  Nese mesmo ano (92) aparecen dous temas no ¡¡vinilo!!  “Rock Na Costa Da Morte”, reconpilatorio onde participan seis bandas coruñesas da  zoa (Desertores do Arado (Cerceda), Impresentables (Vimianzo), La Crema (Carballo), etc.), ningunha das cales segue en activo  na actualidade, excepto ZENZAR.  Nesta época o grupo xa da multitude de concertos por toda a provincia coruñesa. Daquelas o grupo xa empeza a ser valorado fora do seu entorno habitual, sobre todo na zoa da Costa da Morte onde fan bastantes actuacións, participando en festivais en Laxe, Fisterra, Carballo, etc.

Como calquer grupo que empeza estes son anos onde a música é unha excusa para ir de festa …

 

E así chegamos o 1995 ano no que editan a súa 2ª maketa “Fascinados polo Prohibido”, composto de oito temas .Nela xa se ve claramente por onde vai ZENZAR, Rock contundente e letras en galego. Algún tema dela converteuse en obligado no repertorio coma “O Blues da gorxa seca” ou “Bourando”. Aquí compre destacar os dous concertos con Extremoduro e outros con Platero y Tu, Boikot, Manolo Kabezabolo, Barón Rojo, etc. Saindo a tocar por tada a xeografía galega.

 

No 1997 prodúcese a saída á rúa do seu primeiro L.P. “Disparados o Futuro”,

DISPARADOS O FUTURO. 1997. CD

DISPARADOS O FUTURO. 1997. CD

composto de doce temas grabados nos Estudios Fussión de Vigo, con Xavier Abreu de técnico. ZENZAR reafírmase no seu Rock potente e difícil de catalogar, onde predominan as letras combativas, de denuncia social, ecoloxía e manexos políticos. Este é un disco no que a pesares da variedade estilística apreciase unha linea homoxenea e persoal que fai del unha colección de cancións que encaixan perfectamente unha tras outra.

O grupo fai unha extensa xira de presentación que se prolonga nos dous anos seguintes, onde destaca a participación no primeiro Alen Galicia na  Illa de Arousa, e no 1º Santi Rock en Compostela.

Neste mesmo ano 97 colaboran en dous recopilatorios: Bamban Vol. II e 8 anos de Sequestros con un tema en cada un.

 

 

Unha vez  rematada esa xira o grupo entra nunha pequena fase de letargo onde se actúa menos e se buscan novas ideas para novas composicións, agora xa ca axuda do novo guitarrista Mario Grela, incorporado xa a xira “Bourando” do disco “Disparados ó Futuro”, aportación que se fará notar tanto no directo coma no estudio de grabación, contribuindo firmemente a compactar a música da banda nas súas aparicións ao vivo.

 

Deste xeito na  primaveira do 2001 sae a lus o segundo longa duración da banda, unha autoprodución do grupo tamén grabada nos estudios de X. Abreu, que baixo o título de: “Todo Vai Ben“, agrupa trece cancións ben tocadas e cantadas todas elas en galego.

TODO VAI BEN. 2001. CD.

TODO VAI BEN. 2001. CD.

Unhas cheas de forza e enerxía  (Chove, Johnny, Nin un día máis, Ratos no horreo), outras que combinan tempos medios con outros momentos de gran contundencia (Chegando a casa, Camilo, Cheira mal,…). As curiosidades son a inclusión en dous temas de instrumentos tradicionais como a gaita de Xan ” Papaqueixos” en Todos me queren e o acordeón de R. Sanjurjo “Diplomáticos do monte alto” en A banda do coche encarnado. Letras irónicas e críticas, contra o caciquismo, a destrucción do medio, contra o poder e a hipocresía. . Unha ironía xa presente na portada, presidida polo lume e a morte, na que asasinos e torturadores sorrin á cámara. E na contraportada onde as vacas revolucionarias ameazan con tomar a propia catedral de Santiago, mentras a cidade arde.

Todo elo fai deste un disco que abrangue todas as tendencias do rock, pero sempre co selo persoal de ZENZAR.

O disco recibe moi boa acollida por parte do público e da crítica, aínda que non alcance vendas moi importantes posto que como se dixo non conta con distribución oficial e so coa promoción que fai o grupo nos concertos e outros poucos medios ó seu alcance.

Nada máis sair á rúa o grupo emprendeu a xira máis longa dende que ZENZAR existe, non sin moitos esforzos, pois foi totalmente autoxestionada , así ó final do ano foron perto de corenta os concertos feitos.

Compre destacar un po riba de todos: o día da patria galega, o 25 de xullo en Compostela, diante de miles de persoas entusiasmadas, con gañas de festa, que disfrutaron como nunca da música do grupo.

Outros a destacar foron o Grelo Folc en Monfero, o I festival Ordes-rock, o 1º festival música en tempos en Pontevedra e o festival ponte louco en Castro Caldelas-Ourense.

 

Xa estamos no 2002. Unha vez rematada a xira de presentación, un remate non exento de incidencias,  que fixo que quedara algún concerto pendente. Primeiro pola enfermidade do baixista, ó que sustitui Anxo de “Sensacha”, hoxe en “Machina”, grupo veciño de Cerceda, e posteriormente pola do cantante .

ROCKANROL

ROCKANROL. 2002. CD.

Pois ben, unha vez todos repostos o grupo decidese a plasmar en disco oito temas preparados ó longo dos primeiros meses do ano, baixo o nome de “Rockanroll” A grabación ten lugar na última semán de marzo nos estudios Bonhan de A Coruña. E o disco edítase no mes de xuño dese ano, autoproducido coma sempre.

Os resultados foron os esperados, este era un disco máis para fans, onde se facía un percorrido por temas inéditos rescatados dende os principios do grupo.

Unha vez feito este traballo o grupo reláxase un pouco, non se fai ningunha xira específica para presentar este disco, debido a súa naturaza.  De todos xeitos hay bastante actividade ó longo, destacando a primeira incursión en Madrid na Sala Siroco, xunto con outros grupos como Salida Nula, Hirurko e kambotes. Este ano veu marcado polo afundimento do “Prestige”, e como non podía ser doutra forma Zenzar participou a finais do ano en dous concertos solidarios que resultaron todo un éxito (pub A Roda-Malpica e Disco-pub Non Sei-Cerceda).

 

badulakeO 2003 e 2004 son anos de transición, non hay moita actividade en canto a concertos e no grupo empeza a plantexarse a necesidade de poñerse a traballar seriamente nun novo disco para darlle continuidade a esta historia, traballo que escomenza no inverno de 2004, inverno que se presentou máis accidentado do esperado: primeiro suspéndese o concerto na Mardi Grass de A Coruña, por enfermidade repentina de dous componentes do grupo (este concerto por fin se levou a cabo en outubro 2005 con grande entrada de público), despois e para sorpresa de todos M. Silveira, guitarrista fundador abandoa o grupo, e para rematar o ano pecha o “Badulake”, emblemático local de Ordes, centro de reunión dos rokeiros da zona ó longo de cinco anos, hoxe en día volve a estar activo, pero noutro local próximo.

Diante deste panorama os  restantes membros do grupo deciden tirar pa diante, e así entramos no 2005, ano que resultou ser bastante proveitoso xa que se consegue rematar co traballo de composición dos novos temas, xa con Mario como único guitarrista. Este novo formato tamén é posto a proba en directo en dous concertos resultando todo un éxtio,  temerosos como estábamos de que se notara en exceso a falta de M. Silveira.

SIGUE... E DALLE. 2006. CD+DVD.

SIGUE… E DALLE. 2006. CD+DVD.

E así chegamos ó 2006 en que Zenzar edita o seu cuarto traballo, “Sigue E Dalle” o cal foi grabado entre febreiro e marzo no estudio océano de Nigrán baixo a batuta de Xavier Abreu.

Inclúe tamén  un DVD, con contido diverso: varios videos, entrevistas, galería fotos, pag. Web., letras, biografía, discografía, algunha rareza, etc. , traballo este feito por Benjamín Trillo e o seu equipo.   Este novo traballo e a incorporación de Paco Cerdeira á guitarra, (xa colaborou en algún tema do disco) suporá un punto de inflexión na andaina do grupo.

Este disco acada moi boas críticas en canto a calidade da grabación e destacamos dél temas coma:

O Padriño, do que se fixo un video-clip e outros coma Arrastrado, Dalle ou Doutor, indispensables no repertorio de Zenzar.

 

Nos dous anos seguintes Zenzar segue cos seus concertos recibindo moi boas crísticas , posto que a incorporación de Paco Cerdeira á guitarra, como xa se comentou, supuxo un grande pulo para o grupo.

Tanto no que se refire a os temas do último disco como a reinterpretación de clásicos da banda.

Tamén supón a apertura a novos ritmos pouco explotados pola banda. Esto culminará no ano 2008, cando o grupo é chamado para tocar no Festival de Pardiñas, e se decide a incorporar por primeira vez ao seu directo instrumentos que só aparecerán esporádicamente nas grabacións. Así, e con unha grande acollida por parte do público colaborarón con Zenzar un gaiterio e tres percusionistas, colaboración que se segue actualmente .

 

O 2009 é o ano da publicación do último traballo de Zenzar “A Tribu”.

A "tribu"

A “tribu” 2009

Un traballo sobre todo roqueiro pero coma sempre con arroutadas punkies, heavies e tradicionais.

13 cancións , fieis ao estilo Zenzar, que lembran a filosofía dos seus componentes, as súas raíces nunha aldea que esmorece . Pezas que falan da condición de Galegos sen complexos, dos inicios roqueiros, das contradiccións do ser humán.

Inclúe un regalo “Bonus Track” versión acústica de “Tiven un bar”, incluida no anterior Cd-Dvd “Sigue E Dalle”. Igual que o anterior o disco foi co-producido por Xavier Abreu nos Estudios Océano de Nigrán (Pontevedra), e nél colaboraron: Xurxo Souto (3 Trebóns), Victor Neira (Ruxe Ruxe), coas súas voces. Gende Beat, Pablo Dalama (Mama Cabra), co saxo. María X. Silvar (Sés), voz. Manolo Suárez e David Bolaño, percusión. José M. Ares, gaita e o “Reverendo” Javier Pardiero, voces.

Este disco presentouse no Festival de Cerceda de maio de 2009 e foi grabado tanto o audio coma o video.

 

Deste xeito o 2009 e sobre todo 2010 son anos onde o grupo se adica aos concertos, presentando “A Tribu” por todo o pais. Podemos destacar a súa participación no Karraskal rock en Zamáns-Vigo xunto a Rosendo, Sínkope e outras bandas,  o Arreaocabo en Celeiro xunto a Segismundo Toxicomano  o Grelo Folc en Monfero, xunto a Ultraquans e outros grupos ou o Galle-rock en Ribeira. Tamén fan un directo para a R. galega música o 31 de xullo no programa Planeta Furancho e producen o video-clip “tiven un bar” en versión “acústica”.

 

Recén rematado o 2010 co concerto de despedida de xira no Badulake de Ordes, e escomenzado o 2011 o grupo céntrase na composición dos novos temas que darán forma ao seu séptimo traballo, non sen descuidar o directo na primaveira, onde resultan grañadores do certamen Correlingua, levando o seu directo por todo o país Galego e verán, participando en festivais como o Barqueirock, ou o Festival de A Chaira. Tamén acuden ao programa da tvg Luar presentando o seu video clip “Tiven un Bar”.

En Decembro 2011 entran a grabar no estudio de Javier Abreu as cancións que

Zenzar ao vivo

Zenzar ao vivo

comporán o novo traballo da banda, e ao mesmo tempo decídese a publicación do dvd “Zenzar ao vivo Cerceda 09”, unha presa de cancións extraídas do concerto que deu a banda no Festival de Cerceda 09, facendo dous exitosos concertos de presentación: na Taberna de Cerceda, en formato acústico por primeira vez na historia do grupo, e na sala Badulake de Ordes con todos os colaboradores que aparecen no dvd, servindo así de despedida a este templo do rock que decidía pechar as súas portas un mes mais tarde con gran pesar de todos os rockeiros da zona .

Portada Camiñando entre serpes

Portada

No 2015 despois de presentar o seu novo traballo na Sala Josfer e participar en festivais coma o Brochas Rock, festa de troita en Sobrado Do Monxes ou nas Festas de Portomarín  emprenden no inverno unha xira de catro concertos cos irmáns Ruxe Ruxe que os leva a Ourense, Culleredo, Bueu e Ordes, na cal  sofren a inesperada enfermidade do seu baixista de toda a vida Tabe, tendo que ser sustituido por Carlos de Ruxe e posteriormente por Laura Romero, actual baixista.

No ano 2016 Zënzar resulta gañador do certame Correlingua actuando en lugares coma : A Coruña, Burela, Ponteareas ou Vigo

E participa en festivais tan importantes coma A Candeloria ou o Rock in Rian compartindo palco con bandas tan importantes coma S.A., El Ultimo ke Zierre, Diplomáticos, Dakidarría ou Nao…como dia a canción:”ata que o corpo aguante…”

Continuara……