SALA CAPITOL

CONCERTO NA SALA CAPITOL en Santiago de Compostela o VENRES   8 de marzo, actuarán MACHINA + INVIVO  + ZËNZAR + colaboradores
Hora: 20.00
Prezo entrada  12 euros / entrada + cd
Anticipada 10 euros / entrada + cd

Non vos perdades o concerto de presentación do cd tributo a Zënzar polos seus 25 anos nos escearios

“VAI POLOS PADRIÑOS”

 

PUNTOS DE VENDA ANTICIPADA:

  • A Taberna e Mestura (Cerceda)
  • Lume e Ferro (Carral)
  • A Reserva (Carballo)
  • Bar tolo (Santiago)
  • J de Joker (Santiago)
  • Mercromina (Santiago)

SALA SON

CONCERTO NA SALA SON en Cangas do Morrazo (Pontevedra) o Sabado 13 de abril as 22:00, celebraráse a FESTA GALIZA MÚSICA na que actuarán ZËNZAR + O Sonoro Maxin.

 

FORUM CELTICUM

CONCERTO NO FORUM CELTICUM en Cullerede (A Coruña) o Xoves 28 de marzo as 22:30, actuarán ZËNZAR + colaboradores

A entrada será de balde

TRIBUTO aos 25 anos de ZËNZAR

Tributo aos 25 anos de ZenzarCargados de enerxia coa edición sorpresa deste disco homenaxe

VAI POLOS PADRIÑOS! TRIBUTO aos 25 anos de ZËNZAR

O 8 de marzo festa na Sala Capitol…xa teredes información pero reservade a data!

 

 

Neste 2013 cúmprimos 25 anos nos escearios, unha chea de bandas amigas editaron en “segredo” un disco tributo con versións de cancións nosas, que chegou ás nosas máns esta semán. Aquí tendes o video onde podedes ver como nos enteramos…

 

Foise cocendo pouco a pouco tal e como explican, e podedes ler en “O cortelho dos ruxe“.

E como non, os nosos amigo de GZ Música deron a nova, clica aquí para leela.

 

 

¡¡¡QUERES ESCOITAR TODOLOS TEMAS DESTE DISCO TRIBUTO!!  clica aquí, e disfruta

25 anos xuntos

Zënzar 25 anos

Este 2013 celebramos 25 anos xuntos na banda…so Silveira se desenganchou
desta panda…a medias…pois seguimos xuntos por veces

¡Se queres contar con nós para un festival! Contacta…imos acompañados por unha morea de musicos amigos e será un concerto ben especial.

Zënzar en Tourilandia

Como puidestes ver o pasado 6 de decembro do 2012, estivemos actuando no programa Tourilandia da TVG, e aquí vos deixamos un video para que o recordedes ou vexades. Agardamos que vos guste.