Festival Desnorte Rock

desnorte rock

desnorte rock

Acercase o verán e nos estaremos na Gudiña o próximo día 18 de xuño, no festival Desnorte Rock

 

+ info

Festival Aturuxo

Festival Aturuxo

Festival Aturuxo

O proximo día 30 de xullo de 2016, estaremos en Ourol (Lugo) cun gran concerto no Festival Aturuxo, xunto con ostros grandes grupos.

+info

1º FESTIVAL PARA O 2016 : “A CANDELORIA”

Arrinca o ano 2016 e xa temos o noso primeiro festival,

“A CANDELORIA”

 

Cartel do festival "A CANDELORIA"

Cartel do festival “A CANDELORIA”

será en Lugo os días 19 e 20 de Febreiro onde estaremos xunto con un gran número de importantes grupos da peninsula e Galicia

Último concerto xira “NADA QUE PERDER”, no Jato Pús

ZËNZAR e RUXE RUXE

, rematan esta xira compartida por salas do pais que levou ás dúas bandas con máis solera do punk rock de Galicia.
A seguinte e última parada na Sala Jato Pús de Ordes, garito rockeiro ordense onde se porá punto final a esta xira que levou a os dous grupos polo Forum Celticum de Culleredo, A Sala Berlín de Ourense e Aturuxo de Bueu, unha xira ben bonita cún público entregado ao rock galego que é moi posible que se repita en vindeiros anos e con mais datas…

ZÉNZAR, celebrará no Jato Pús que leva xa  27 anos en  activo e 11 traballos editado, sendo o grupo decano do rock galego

Contando   coa  colaboracion habitual  de Xenderal (Gende Beat) ao beat box e voz e de Ares á gaita!

RUXE RUXE,  20 anos en activo, actitude punk e espíritu rock folc.
A combinación fará do  concerto unha  gran  festa  para os sus  seguidores, pois ademais  de moita relación no musical, tamén existe  una estreita amizade no personal. De feto tanto Bocixa, coma Vituco Neira  soen mesturarse nos escenarios e nas grabación das bandas!7

 

 

venda anticipada en ruxeruxe.com, Jato Pús-Ordes e Mestura bar –Cerceda.

Presentacion de CAMIÑANDO ENTRE SERPES

Cartel camiñando entre serpesO sábado 9 de maio de 2015 dende as 22:00 na Sala Josfer en Mesón do Bento, Ordes (A Coruña) presentaremos o noso novo disco

Camiñando entre serpes

Esperamosvos a todos neste concerto presentación.

Estarán connosco os grupos OS DO XALO + XENDERAL

 

A festa empezará as 22.00  coa Foliada con OS DO XALO as 23.00 ZËNZAR e as00.30 XENDERAL

Entradas anticipadas dispoñibles desde o venres 17 de abril en:

  • A Taberna, Mestura (Cerceda)
  • Lume e Ferro (Carral)
  • Miranda
  • Cultura para levar (Compostela)
  • Cristín (Ordes)

Tamén chamando ao 615512023 ou en vendas@zenzar.info

7€ entrada 10€ entrada + cd (anticipadas)

 

ZËNZAR ,máis de 25 anos de rock en galego dende Cerceda presentando novo traballo discográfico . Coas colaboracións ao vivo de José M. Ares á gaita e Xenderal á voz e beatbox e outras sorpresas.

XENDERAL, pecha e festa este artista emerxente procedente tamén de Cerceda con letras cargadas  de lirica xamaicana con moita rabia galega. Letras contundentes e retranqueiras

Non será una presentación, será unha longa festa nun lugar especial.

 

Polo de agora, non deixedes de ver os adiantos que xa temos publicados:

Video clip CORTINA primeiro adianto

NADA QUE PERDER segundo adianto do disco:

A XENTE FALA   terceiro adianto:

En pleno proceso do novo disco

Portada

Imaxen guitarra

Amigos xa está rematada a grabación do novo disco

Un proceso longo na ESCOLA DA RÚA en Carballo acompañados de Manolo Dourado como asistente

E Javier Abreu a os mandos …

Sesións de fin de semán grabando ao vivo buscando un son mais parecido ao directo …

Colaboracións de Xenderal, Vituco de Ruxe, Xan de Ruxe e o noso jaiteiro oficial Xosé M. Ares e Miguel Duarte á guitarra,

Farán un disco “variado” de estilos…

Agardamos que vos guste…

Mentras Abreu empeza coas mezclas finais nós comenzamos a ultimar o que será o repertorio 2015 de Zënzar onde terán cabida

Algúns temas novos e trataremos de darlle unha reviravolta a os vellos…

Agardamosvos nos palcos .