Letra de CHEIRA MAL

Neste pobo perdido
onde ninguén nos coñece
un día saimos na prensa
agora somos os da merda
De Ribadeo a baiona
a merda da túa casa
ven en tren ata Meirama
o almacén é na Areosa

¡Cheira ben ! ¡Cheira ben !
A merda que vén no tren
¡Cheira ben ! ¡Cheira ben !
A merda que vén no tren
¡Cheira mal! ¡Cheira mal!
A política local
¡Cheira mal! ¡Cheira mal!
A merda que van queimar
Soluciónanche problemas
poderosos cabaleiros
eles chupar moito chupan
pero aquí so traen merda

Ben cho sei señorito
cultura de chiringuito
moitos proxectos afundidos
e ó final comemos merda

¡Cheira ben ! ¡Cheira ben !…

Letra: M. Grela, X. Bocija, X. Regueiro Música: M. Grela