Sigue… de dalle

Tiveron que pasar case catro anos dende “ROCKANROL”, o seu anterior traballo, e a saída do grupo de M. Silveira (guitarra). Pero a pesar de todo, estamos diante do traballo máis elaborado da súa carreira.

SIGUE... E DALLE. 2006. CD+DVD.

SIGUE... E DALLE. 2006. CD+DVD.

Deste xeito ZENZAR, sen abandonar as súas señas de identidade (rock en galego), presenta con “sigue…e dalle” un traballo mais variado, sacándolle o máximo partido ós seus sons guitarreiros, combinando pasaxes acústicos e tempo medios con ramalazos de contundencia sonora.

E por qué “SIGUE…E DALLE”, pois por que iso é o que está a facer ZENZAR: seguir pa diante e darlle, por algo é un dos grupos en activo mais veterano, que fai rock en galego.

Mais rokeiros e irreverentes que nunca, con este traballo ZENZAR da un paso adiante, confirmándose coma referencia para moitos outros grupos galegos, dentro da escea independente e autoxestionada.

Musicalmente destacar a colaboración á guitarra de Mario Candal no tema “dúrmete xa” . E a de Paco Cerdeira, tamén á guitarra, nos temas “Arrastrado”, “Toma ve”, “Doutor” e “Tiven un bar”, onde demostra o seu virtuosismo instrumental, dándolle un salto de calidade ó disco, e incorporándose definitivamente á banda para as presentacións en directo . Así como as voces de Víctor “Ruxe Ruxe” e as de Presencia Zero alí onde foron requiridas.

O disco foi gravado e mesturado no Oceano Estudio de nigrán por Javier Abreu entre febreiro e maio 2006 . Sendo masterizado por saul patiño en a coruña. Está autoeditado a través de Falcatruada e distribuído por Discmedi para todo o Estado Español e Portugal.

Voltar