RockAndRoll

Máis de dez anos nos escenarios abalan a esta banda de rock de Cerceda (A Coruña), atrás quedan os tempos en que se chamaban

ROCKANROL

ROCKANROL

MÖRDOR e facían os seus primeiros temas, atrás quedan tamén as actuacións no Pub “Picolinos” de Cerceda. Despois virían as gravacións (2 maketas: “Contos e Lendas de Terraadentro” (1992). “Fascinados polo prohibido” (1995), 2 discos: “Disparados o futuro” (1997), “Todo Vai Ben” (2001) e varias colaboracións en recopilatorios: “Rock na Costa da Morte” (1993), “Bamban Vol. II” (1997) e “Cen anos de sequestros” (1997), e moitas máis actuacións, ata chegar a este momento, en que se cumpre un ano da saída á rúa do seu anterior traballo “Todo Vai Ben”, no que ZENZAR presenta un novo disco baixo o título de “Rockanrol”. Así de claro, puro e duro Rockanrol é o que nos ofrece nesta nova entrega a banda cercedense. Rifs rockeiros achegados a ese estilo contundente e sen concesións ó que nos ten acostumados ZENZAR, todo elo envolto nunhas letras que nesta ocasión contan vivencias propias, na súa maioria.
Este disco espérase que sexa unha ponte entre o anterior traballo e un novo que esperan sacar para o vindeiro ano, de ahí o seu formato máis reducido do habitual, ( 8 temas ).

Rematada a xira de presentación do “Todo Vai Ben” xurde no seo da banda a necesidade de plasmar en disco unha serie de cancións inéditas pertencentes á primeira época do grupo, que por diferentes motivos quedaran esquecidas.

Así temos, por un lado, cancións coma: “Cousa Branca”, “Anos que voaron”, “Estou ben así” e “O rei do billar”, que se achegan máis a ese lado rockeiro antes mencionado, “Vives”, que sin abandonalo é un pouco máis pausada, “Mördor”, que apunta a ritmos máis metálicos. Destacar a letra desta canción, inspirada no agora tan famoso libro “El Señor de Los Anillos”. Por outro lado, temos dous temas coma “Falo”, agora regrabado posto que quedara descartado no anterior disco, con letra de Celso Emilio Ferreiro falando da emigración galega e a “Cruz de marihuana”, unha versión dun narcorrido dos mexicanos Grupo Exterminador, adaptada e arranxada dunha maneira máis rockeira para este disco e rompendo por unha vez a norma de cantar en galego, pois neste caso respectouse o idioma orixinal que é o castelán, ainda que proximamente tamén andará polo mercado a versión galega que se incluirá nun recopilatorio de bandas da comarca Ordes-Bergantiños. Destacar nestes dous temas a colaboración ás voces de Filipa e Pepa do grupo “Liñaceira”.

A gravación fíxose nos estudios Bonhan de A Coruña en marzo-2002. É autoproducido coma o anterior, e para adquirilo haberá que contactar coa banda que o facilitará a un prezo moi reducido.

Con este disco ZENZAR salda unha conta co pasado e pódese dicir que pecha un ciclo que podemos considerar brilante, tendo en conta o escaso apoio co que contan os grupos de seu estilo, que fai que os traballos de composición, gravación, etc. Se ralenticen notablemente pola falla de tempo e medios.

A partir de eiqui a disfrutar desta nova entrega, xa pensando en novas composicións que fagan que a lenda de ZENZAR dentro do rock galego se extenda aínda moito máis.

Voltar