Tes vinte e un anos e pareces un vello
xa non es o mesmo que eu coñecín
¿por que te deixache atrapar?
¿tan forte era a atracción?
Eu tamén son un ninguén
pero podo-che axudar
a expulsar o negro demo
que domina a tua vontade
O “human” o ser máis intelixente,
que fácil é de enganar
desgrácia de moitos
negócio para poucos
Ten coidado con esa tia boa
non te fies é unha traidora
corta-te un pouco rapaz
que se nón has de pagar
Xa non podes viver sen ela
por ela deixache os colegas
roubache na tua casa
meteron-te na cadea
Estás só axexando nunha esquina
ela ocupa a tua mente
xa non comes nen traballas
que facer para adormentá-la
Busacas un telefone, unha chamada
sintoo moito, non me queda nada
unha segunda chamada
si, pero dobre ou nada
Sais á rua desesperado,
unha farmácia, un supermercado,
unha recortada, ollos de colgado
dá-me a pasta ou acribillo-te
¿Quen tivo a culpa do teu estado?
non busques ao teu redor
aqui todos somos iguais
eles non dan a cara
RETROUSO…
Letra: M. García
Música: M. Silveira