Letra de BERRA BEN FORTE

Quen son es@s que controlan
a nosa vida?
Quen son es@a que reparten
a comida?

Con que razón regulan
a economía?
de labreg@s, mariñeir@s
e factorías?

Quen son es@s que asoballan
a túa terra?

Quen son es@s que aconsellan
a comisión?

Onde estan @s que disparan
por control?

Sementando violéncia e represión.
Enchen mares de desfeita militar,
lavado cerebral, unidade artificial,
machismo, represión
¡PROVOCACIÓN!

Berra ben forte ¡NON!

Exércitos controlan, territorios, división
marcan fronteiras sen xeito nen razón
xulgan conciéncias
¡PROVOCACIÓN!

Berra ben forte ¡NON!

HAI MISÉRIA, CORRUPCIÓN
NON, NON, INSUBMISIÓN
NON, NON, INSUBMISIÓN

Quen son es@s que rexistran
a información
con fins de servilismo?

¡VIOLACIÓN!

Quen son es@s que nos dictan
¡LEXISLACIÓN!

Predican liberdade
¡DEFORMACIÓN!

HAI MISÉRIA, CORRUPCIÓN
NON, NON, ¡INSUBMISIÓN!
NON, NON, ¡INSUBMISIÓN!

HAI MISÉRIA, CORRUPCIÓN
NON, NON, ¡INSUBMISIÓN!
MOITA XENTE NAS PRISIÓNS
¡INSUBMISIÓN!

Letra: Xosé A. Bocija-Emi Candal Música: M. Silveira