Concerto no pub Picolinos de Cerceda

Este cartel pertence a un dos clásicos primeiros concertos de ZENZAR, aínda co nome de MORDOR, no famoso, nesa época, Pub Picolinos de Cerceda.

Cartel do concerto en Picolinos

Cartel do concerto en Picolinos

Moita diversión, moita cervexa, moitas gañas, tanto por parte da xente, ávida de concertos, como polo grupo ilusionado coa boa acollida neses primeiros concertos. E foron un bo lote, cinco, seis, … nun espacio de tempo mui curto.

Neste momento pódese dicir que renaceu o sentimento rockeiro en Cerceda, esquecido dende os tempos de ATOMO, aqueles rapaces que se subían ó palco da orquesta no descanso das verbenas, sen saber moi ben o que tiñan entre máns. Ou de COBRA, famosos pola calidade das sua versións de clásicos do rock.

Despois virían MORDOR, DESERTORES DO ARADO, NASSER, SHANGRILA, SENSACHA, OSIRIS, e prometen aparecer máis.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>