TABE. IN MEMORIAM

zenzar-13

O samurai non chora, aínda que escorreguen por el miles de bágoas.
O samurai non se laia, por máis que sinta dentro a máis forte das dores.
O samurai crea familia e camiña acompañado, mesmo camiñando só,
E non sabe de superar os demais, porque traballa para a súa superación.
O samurai comete erros, porque quen non os os comete vive en perigo.
O samurai coñeceu a victoria non deixando pasar os mellores momentos.
E nunca viu a morte como unha perda, nin a vida como unha ganancia.
O samurai pervive en cada un de nós, igual que nós sempre pervivimos nel.
Este é o auténtico camiño do samurai.

TABE. IN MEMORIAM. 2 DE NOVEMBRO DE 2016tabe-vilarinoo foto-rodaxe-ii

Incorporación de Laura Romero

Laura Romero en Rock In Ria

Laura Romero en Rock In Ria

Tras a baixa por enfermidade de Tabe , o baixista da banda de sempre, alá por novembro do 2015 e logo de ser sustituido por Carlos de Ruxe Ruxe nas dúas últimas datas do 2015 e no festival A Candeloria 2016. En marzo de 2016 incorporase de forma definitiva a banda Laura Romero procedente de Ordes ainda que con ascendencia valenciana.

ROCK IN RIAN

Cartel Rock in Rian

Cartel Rock in Rian

O próximo día 10 de setembro estaremos en Rianxo no Festival Rock in Rian

III Mistura Rock

III mistura rock

III mistura rock

Alí estaremos, armandoa no III Mistura Rock en memoria de Josinho, este sábado 11 de Xuño, no C.C. Mistura en Teis

 

+ info

Festival Desnorte Rock

desnorte rock

desnorte rock

Acercase o verán e nos estaremos na Gudiña o próximo día 18 de xuño, no festival Desnorte Rock

 

+ info

Festival Aturuxo

Festival Aturuxo

Festival Aturuxo

O proximo día 30 de xullo de 2016, estaremos en Ourol (Lugo) cun gran concerto no Festival Aturuxo, xunto con ostros grandes grupos.

+info

1º FESTIVAL PARA O 2016 : “A CANDELORIA”

Arrinca o ano 2016 e xa temos o noso primeiro festival,

“A CANDELORIA”

 

Cartel do festival "A CANDELORIA"

Cartel do festival “A CANDELORIA”

será en Lugo os días 19 e 20 de Febreiro onde estaremos xunto con un gran número de importantes grupos da peninsula e Galicia

Último concerto xira “NADA QUE PERDER”, no Jato Pús

ZËNZAR e RUXE RUXE

, rematan esta xira compartida por salas do pais que levou ás dúas bandas con máis solera do punk rock de Galicia.
A seguinte e última parada na Sala Jato Pús de Ordes, garito rockeiro ordense onde se porá punto final a esta xira que levou a os dous grupos polo Forum Celticum de Culleredo, A Sala Berlín de Ourense e Aturuxo de Bueu, unha xira ben bonita cún público entregado ao rock galego que é moi posible que se repita en vindeiros anos e con mais datas…

ZÉNZAR, celebrará no Jato Pús que leva xa  27 anos en  activo e 11 traballos editado, sendo o grupo decano do rock galego

Contando   coa  colaboracion habitual  de Xenderal (Gende Beat) ao beat box e voz e de Ares á gaita!

RUXE RUXE,  20 anos en activo, actitude punk e espíritu rock folc.
A combinación fará do  concerto unha  gran  festa  para os sus  seguidores, pois ademais  de moita relación no musical, tamén existe  una estreita amizade no personal. De feto tanto Bocixa, coma Vituco Neira  soen mesturarse nos escenarios e nas grabación das bandas!7

 

 

venda anticipada en ruxeruxe.com, Jato Pús-Ordes e Mestura bar –Cerceda.

En pleno proceso do novo disco

Portada

Imaxen guitarra

Amigos xa está rematada a grabación do novo disco

Un proceso longo na ESCOLA DA RÚA en Carballo acompañados de Manolo Dourado como asistente

E Javier Abreu a os mandos …

Sesións de fin de semán grabando ao vivo buscando un son mais parecido ao directo …

Colaboracións de Xenderal, Vituco de Ruxe, Xan de Ruxe e o noso jaiteiro oficial Xosé M. Ares e Miguel Duarte á guitarra,

Farán un disco “variado” de estilos…

Agardamos que vos guste…

Mentras Abreu empeza coas mezclas finais nós comenzamos a ultimar o que será o repertorio 2015 de Zënzar onde terán cabida

Algúns temas novos e trataremos de darlle unha reviravolta a os vellos…

Agardamosvos nos palcos .