Zënzar en Tourilandia

Como puidestes ver o pasado 6 de decembro do 2012, estivemos actuando no programa Tourilandia da TVG, e aquí vos deixamos un video para que o recordedes ou vexades. Agardamos que vos guste.

Caneando ruainas de Zenzar ao vivo

Peza pertencente a “ZËNZAR ao Vivo” editado no nadal do 2011 e grabado no ano 2009 en Cerceda, A Coruña. Zënzar leva en activo desde o ano 1988, sendo o grupo de rock en galego con máis historia. No 2012 editarán o que será o seu séptimo traballo sen contar maquetas, recompilatorios etc!!
Nesta peza canta con Zënzar María X Silvar SES que no 2011 editou o seu 1º disco “Admirando a condición”, aínda que esta peza foi grabada dous anos atrás.
“Caneando ruainas” está escrita en Barallete, a lingua dos afiadores e canteiros e pertence ao dvd “ZËNZAR ao VIVO” editado no nadal de 2011.

Sigue leyendo

Chove do DVD Zenzar ao vivo

Peza extraida do dvd “ZËNZAR ao Vivo” editado en decembro 2011. Na guitarra colabora M. Silveira, único membro fundador que deixou a banda que leva desde o ano 1988 en activo.
Varias maketas, recompilatorios, 5 discos de estudio, un dvd ao vivo e para marzo do 2012 editarán o seu 7º traballo grabado e producido con Javier Abreu.

Sigue leyendo