Zënzar en Tourilandia

Como puidestes ver o pasado 6 de decembro do 2012, estivemos actuando no programa Tourilandia da TVG, e aquí vos deixamos un video para que o recordedes ou vexades. Agardamos que vos guste.

VAISE ARMAR

Vaise ArmarEn Maio sae a luz o novo disco:

VAISE ARMAR

Non vos perdades o concerto de presentación que se fará o próximo 5 de maio na Sala Josfer en Mesón do Bento – Ordes. As entradas xa están a venda… apurade a compralas hai 150 entradas en venda anticipada e o resto en taquilla… (+info)

Mentras tanto e como anticipo disfrutade das seguintes cancions:

 

  • “Vaise armar”

 

  • “O reverendo”

E tamén do video promocional

ZËNZAR GRAVANDOOOOOO!

EN ABRIL NOVO DISCO producido por Jabier Abreu

Despois de 23 anos en activo, 5 discos de estudio, un dvd ao vivo editado en decembro 2011 (ver Zenzar ao Vivo, Cerceda 09), moitos recopilatorios e centos de concertos, ZËNZAR está a gravar novas pezas para o seu 7º traballo!

Mentras tanto non deixedes de ver o video promo que fixemos da gravación do novo disco.

Ademáis non vos perdades ao grupo con máis solera de galiza en galego que presentará os seus temas no Derrame Rock 2012

Caneando ruainas de Zenzar ao vivo

Peza pertencente a “ZËNZAR ao Vivo” editado no nadal do 2011 e grabado no ano 2009 en Cerceda, A Coruña. Zënzar leva en activo desde o ano 1988, sendo o grupo de rock en galego con máis historia. No 2012 editarán o que será o seu séptimo traballo sen contar maquetas, recompilatorios etc!!
Nesta peza canta con Zënzar María X Silvar SES que no 2011 editou o seu 1º disco “Admirando a condición”, aínda que esta peza foi grabada dous anos atrás.
“Caneando ruainas” está escrita en Barallete, a lingua dos afiadores e canteiros e pertence ao dvd “ZËNZAR ao VIVO” editado no nadal de 2011.

Sigue leyendo