Destacado Comenzamos o 2018 con forza

Imagen portada 2018

Compoñentes de Zënzar

Despois dún pequeno paron en canto a concertos escomenzamos o 2018 con ración doble

Para ver que como se atopaba a maquinaria rockeira. E a cousa foi moito mellor do previsto:

Así o venres 19 de xaneiro tocamos por primeira vez na sala super 8 de Ferrol convidados polos

Nosos amigos do grupo Apologia. A noite foi moi ben en canto a público con mais de media sala chea

Con un bo son e unha boa técnico a os mandos. O concerto saiu ben e tocamos coa forza habitual como si non leváramos

4 meses sen pisar un esceario…ao día seguinte sábado desprazámonos ao local social de Tabeaio-Carral para participar

No denominado concerto expansivo por un monte vivo que trata de axudar dando visibilidade a este problema e

Aportando algo de cartos ás asociación que se moven pola coservación dos nosos montes. Sorprendeunos gratamente o local polo ben

Acondicionado que está e son mais que decente, tamén gracias á aportación de Pulleiro ao mandos. Foi un concerto curto pero

Moi intenso e coa xente respondendo moi ben. Moi bo ambiente, tanto pola cantidade de xente como pola “calidade”, vendo

A moit@s que xa facía que non ollábamos.

Agora toca continuar compoñendo e grabando  novos temas, dos cales agardamos poder amosar algún adianto antes do verán e se non é antes

Verémonos o 7 de abril no FORUM CELTICUM de O Burgo acompañados de Cuarta Xusta que presentará o seu 1º traballo discográfico.

Ou senón á semán seguinte no Con Do Moucho De Arousa o sábado 14 de abril, acompañados de MJ e mais datas que iremos subindo

25 ANOS DE CONCERTOS…

Neste 2013 cumprimos 25 ANOS DE CONCERTOS….sorprendidos cun cd tributo Zenzar logo tributode 18 bandas que versionearon temas nosos, fixemos unha festa de presentación o  8 de marzo na Sala Capitol de Santiago, ahí arrancou este ano tan especial para nós¡¡¡

E seguimos celebrando éste aniversario como se merece, levando unha banda reforzada especialmente…colaboracións como a de Gende Beat, Xenderal (beat box, voz), Lydia Botana ex-escarallaos (acordeón e voz),  e Xosé M. Ares (gaita), David Bolaño e Arón Ulloa (percusións) estiveron con nós na maioría de concertos deste 25 aniversario e xa son uns Zënzar mais…

ConcertoParticipamos en festivais coma: Augas Santas de Barreiros, Revenidas de Arousa, A Chaira de A Pastoriza-Lugo,  Castelo rock de Muros, Castelo Milenario de Begonte, Castelo-Son Culleredo e F. Brinca na Praza de Pontevedra, Festival de Carral, Fest. Da Terra e da Lingua en Narón e Són de Trazo…e para rematar o ano preparamos uns concertos especiais en contacto directo coa nosa xente, á que agradecemos moitísimo o seu apoio incondicional¡¡¡¡

Concerto no Local da Fundación Artabria.

Facer a crónica dun concerto é facer a crónica de toda a xira de Zenzar no 2006, é dicir, un grupo cun repertorio extenso froito de tantos anos de actividade, cheo na súa maioría de temas propios, todo elo aderezado cun par de versións (O Tren de Andrés do Barro e a ranchera Volver) que fan que a intensidade do concerto vaia medrando e provoque que a xente non lle quede outro remedio que acabar o concerto brincando e satisfeito polo visto e escoitado. Y é que Zenzar alá onde foi non defraudou , a proba é este concerto , nunha vila que nunca pisara ata daquela e con outro concerto dún grupo local a menos de douscentos metros, foron quén de congregar a un bo número de rockeiros, deixandoos a todos contentos.

Concerto na praza do Toural en Santiago de Compostela

Como dicíamos en comentarios anteriores o 2003 e o 2004 foron anos de transición, e así se confirmou a finais do 2004 co abandono do grupo por parte de M. Silveira (guitarra), víase vir que algo tiña que pasar, o grupo non arranca a facer temas novos coa decisión que este taballo precisa, e rompeu por onde menos se espera (para algúns polo menos), sabemos que moitos grupos de éxito fóronse ó traste polas liortas internas por culpa dos “egos” dos seus membros, no noso caso creo que foi o contrario, se houbo ese abandono foi precisamente por non querer ninguén impoñer as súas ideas ós demáis optando pola retirada. Unha vez sucedido isto, e como dí o refrán, parece que non hai mal que por ben non veña, o grupo entra nunca nova etapa coa guitarra de Mario Grela como máximo expoñente á hora de compoñer, e polo tanto con total libertad para dar renda solta ás súas ideas. E así é que dende primeiros do 2005 parece que a cousa empeza a fluir novamente e a xurdir os novos temas. Así chéganos a oportunidade de tocar en Santiago para os C.A.F. no Toural, con Faite un Flai e Túzaros. Vímolo como unha boa oportunidade de probar a nova formación en directo, e así foi. O mellor do concerto foi que a praza estivo case chea toda a noite, equipo de són mui cumplidor , con algún problemilla de ruído cos veciños (secadra se tocarán algún triunfito non habían protestar). E en canto a nosa actuación resultou unha experiencia inmellorable, pois tíñamos as nosas dúbidas de cómo soaríamos en cuarteto e á reación da xente. Pois todo positivo, bo són e inmellorable reacción (había gañas de festa) tanto ós clásicos da banda coma ós tres temas novos presentados máis algunha nova versión. Todos esperamos que isto nos de pulos para seguir compoñendo e gravar canto antes un novo disco que é o noso máximo obxetivo agora mesmo.

Actuación no Badulake de Ordes no 2004

Terceira vez que Zenzar actuou no Badulake, pois como sabedes pechou a finais do 2004. Tanto o ano 2003 como o 2004 pódese decir que foron anos de transición para o grupo, despois de estirar o repertorio existente dende a saída do Todo Vai Ben, do que se cumprian tres anos, impónse a necesidade de crear novos temas para a supervivencia do grupo, en canto ó directo se refire, pero como estes non chegaban e para levantar un pouco a moral lévase a cabo este concerto, cos efectos desexados, pois a xente xa tiña ganas de vernos, aínda que presentamos poucas novidades de repertorio, so o rescate dalgunha canción e algunha nova versión.

Festival solidario coas víctimas do Prestige

Este concerto foi un festival solidario coas víctimas do Prestige, no que o grupo participou desinteresadamente, ó igual que xa participara en decembro 2002 en dous concertos, un na Roda en Malpica (tremenda festa con xente de todas partes que participaban na limpeza das praias) e outro no Disco-Pub Non Sei , na Silva-Cerceda, concertos nos que tamén se presentaron os discos “Rockanrol” e o pouco promocionado recopilatorio “Mixtura”. En canto a este Festival, boa organización, pois pechouse por primeira vez o campo da feira para recadar a entrada solidaria, con carpa no medio do recinto, bo escenario e equipo de són, e como nón moi boa asistencia de público para ver a Zenzar, Kastomá, Pusi Kalandrakas, 5 talegos e Ruxe-Ruxe.

Concerto pola patria galega.

Cartel do Festival Sons de Galiza

Cartel do Festival Sons de Galiza

Este foi o primeiro dos dous concertos pola patria no que participou ZENZAR no 2001. Bastante xente e bo ambiente no Campo da Leña, aínda que a xente mostrase un pouco máis cohibida que noutras ocasións e noutros sitios. A pesar diso foi un bo concerto, destacando tamén a parte técnica a cargo de Sonogal de Cerceda. Este 2001 foi o ano no que ZENZAR se consolida como unha banda, que si se dan as condicións, é capaz de ofrecer un directo de calidade que engancha a todo aquel que goste do rock potente.

SALA SIROCO Madrid

Despois dun ano boísimo como foi o 2001, e unha vez rematada a gravación do ata agora último traballo da banda “Rockanrol” en abril 2002 , o grupo decidiuse a facer unha das poucas saídas fora das nosas fronteiras. Organizado polo grupo local Salida Nula, celebrouse o mencionado concerto coa participación tamén dos grupos Hiruko, Salida Nula e os tamén galegos Kambotes. O concerto prometía e había ganas de actuar por primeira vez en Madrid, así que alugouse un minibús e alá fumos uns vinte, incluido o grupo (menuda paliza o viaxe ). A sala non é moi grande e o esceario un pouco curto, pero teñen equipo de voces que tamén é importante. Cobrábase a entrada e non noubo tanta xente como se esperaba, pero para a primeira vez todos dábamos a experiencia por boa senón forma por un pequeño detalle. Resulta que, nun xesto de agradecer pola súa parte, os dous grupos locales cederon a súa parte da recadación para os gastos de desplazamento dos grupos de fora, entregándolle a mesma os Kambotes coa condición de que nos fixeran chegar a nosa parte, pola cal aínda seguimos esperando hoxe en día. Por certo, non sei que sería deste grupo….? -